Tamen podes atoparnos nas redes sociais

O convento de San Francisco de Ourense

O convento de San Francisco de Ourense

FRAGA SAMPEDRO, Dolores
FARIÑA BUSTO, Francisco
6,00 €

O edificio que hoxe vemos no local do convento de San Francisco de Ourense é unha realidade diferente do edficio histórico que alí estaba e do que aínda se conservan restos moi significativos, como o cláustro gótico e outras amosegas que cómpre rastrexar pausadamente como fitos illados que alumean as referencias documentais conservadas. Esta realidade ten a súa explicación no proceso histórico, dende o século XIV ata o primeiro tercio do século XIX en que foi propiamente convento dos frades menores, coma nas posteriores e sucesivas adecuacións para o novo fin que recibe tras a desamortización, o de ser lugar de albergue das tropas das diversas unidades militares que prestaban o ser servizo ou estaban de paso na cidade de Ourense.

Edita: 
Fundación Caixa Galicia, Grupo Marcelo Macías de Colaboradores do Arquivo Histórico e Museo Arqueolóxico de Ourense
Características físicas: 

72 páxinas + 1 plano exento, ilustracións fotografías en branco e negro e cor, 22 x 20 cm

Idioma publicación: 
Galego
ISBN: 
84-95491-01-X