Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Vida / Life

Vida / Life

SÁNCHEZ, Gervasio
39,00 €

Os cronistas de guerra adoitan ser reporteiros de morte. Sánchez é un reporteiro de vida, do triunfo da vida sobre a violencia destrutora. Esta visión enfoca todo o seu traballo, e é o gran eixe temático desta mostra e desta publicación. As imaxes de Gervasio concéntranse en ensinar como a vida sobreponse, como se manifesta no medio das ruínas da guerra e da morte, superándoas. Documentan a vida que se nega a ser aniquilada.
Máis aló das minas, dos desaparecidos, dos bombardeos e Serra Leoa, esta é a historia maior, o gran suceso de permanente e ahistórica actualidade que nos reporta Gervasio Sánchez.
Contén: Vida = Lfe / Gerardo Mosquera. Ello, ellos, nosotros: la fotografía interpelativa de Gervasio Sánchez = It, Them, Us: Gervasio Sánchez’s Interrogative Photography / Laura González-Flores. Fotografiar en gerundio = Photographing in Gerund / Estrella de Diego.
 

Sumario: 
Edita: 
Blume
Características físicas: 

Encadernación en tapa dura, 200 páxinas, ilustracións, fotografías en color e en branco e negro 30,5 x 22,5 cm

Idioma publicación: 
Castellano
Inglés
ISBN: 
978-84-16965-08-3