Ourense sentimental é un paseo íntimo de Francisco Fernández del Riego pola cidade que con xusta fama foi bautizada como a Atenas de Galicia, a Wurm germánica, a Auria romana que irradiaba a súa face cultural por todo o país galego. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.
Este é o segundo volume dunha serie de seis títulos das mesmas características, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.
Edita:
Apuntes históricos: Javier Mosquera
Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios
Caixanova, 2001
Características físicas:
Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25 x 35 cm
Ano Edición:
2001
Idioma publicación:
Galego