< Voltar Condiciones de venta
Condicións de contratación
Estas condicións legais teñen como obxecto regular a relación entre a Fundación Galicia Obra Social, N.I.F. G70270293 e domicilio social en Cantón Grande, 8, A Coruña (en diante, Afundación), titular do sitio web www.afundacion.org e a persoa usuaria. A adquisición de calquera dos produtos ofrecidos implica a aceptación destas condicións legais de contratación, o aviso legal e a política de privacidade.
Afundación informa á persoa usuaria que non está previsto o almacenamento deste contrato por un terceiro de confianza, aínda que a plataforma si que almacena un rexistro de todos os pedidos realizados polos seus clientes.
Proceso de compra
A persoa usuaria adquire a condición de Cliente desde o momento da realización do pedido e a aceptación das condicións de contratación, as cales se atoparán á súa disposición con anterioridade ao proceso de compra, durante a realización do mesmo e unha vez rematado este, polo que poderá descargalas ou imprimilas en calquera momento.
Na nosa tenda electrónica atopará todo o catálogo de produtos ofrecidos por Afundación. Para adquirir calquera deles deberá seguir o seguinte proceso de compra:
- Seleccione o produto desexado engadíndoo á cesta.
- Lea de maneira detida toda a información dispoñible sobre o produto. Os prezos indicados xunta ao produto son prezos en euros.
- Acceda á cesta da compra, onde poderá comprobar ao detalle os produtos solicitados, o prezo de venda, os impostos aplicados e o resumo do pedido. Os produtos en promoción serán debidamente identificados, sinalando o prezo orixinal e o efectivo no momento do proceso de compra.
- Se está conforme co pedido deberá indicar zona e forma de envío, así coma a forma de pagamento. Durante este proceso o sistema mostraralle os gastos aplicables ao seu pedido segundo a zona de entrega, forma de envío e medio de pagamento seleccionados.
- Finalmente deberá proporcionar os datos de envío e completar o proceso de rexistro do usuario.
- Unha vez completado o pedido recibirá unha xustificación da compra realizada, antes das 24 horas posteriores, con indicación das presentes condicións de contratación e, se fose procedente, as condicións particulares dos produtos seleccionados. Se non recibe a devandita mensaxe de confirmación cos datos do seu pedido, deberase pór en contacto connosco.
- A plataforma dispón dos seguintes medios de pagamento: Tarxeta de débito ou crédito.
- Se desexa realizar calquera tipo de modificación nos datos introducidos no proceso de compra, afundacion.org pon á súa disposición o enderezo de correo electrónico tenda@afundacion.org .
O cliente ten dereito á renuncia da súa compra nun prazo de 14 días naturais desde o día de recepción do seu pedido sen necesidade de xustificación.
Para exercer o dereito de renuncia, deberá notificarnos a súa decisión de cesamento do contrato a través dunha declaración inequívoca (por exemplo, unha carta enviada por correo postal, ou correo electrónico) dirixida a Afundación - Santiago, a través do enderezo postal C/Montero Ríos, 7-2º, 15701 Santiago de Compostela, ou enderezo de correo electrónico tenda@afundacion.org
Para cumprir o prazo de renuncia, abonda con que a comunicación relativa ao exercicio pola súa parte deste dereito sexa enviada antes de que venza o prazo correspondente.
No caso de renuncia devolverémoslle todos os pagamentos feitos por vostede, incluídos os gastos iniciais de envío (coa excepción dos gastos adicionais resultantes da elección pola súa parte dunha modalidade de entrega diferente á modalidade menos custosa de entrega ordinaria que ofrezamos) sen ningunha demora indebida e nun prazo máximo de 14 días naturais a partir da data en que se nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Procederemos a efectuar dito reembolso utilizando o mesmo medio de pagamento empregado por vostede para a transacción inicial, a non ser que vostede teña disposto expresamente o contrario. Porén informámoslle que, ao amparo do establecido no art. 107.3 do texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, de 16 de novembro, procederemos a reter o importe da devolución ata que teñamos recibido os bens ou o comprador nos remita proba suficiente da súa devolución.
Así mesmo comunicámoslle que, segundo se establece no 108.1 da referida Lei, cando se exerza a renuncia o Comprador unicamente soportará os gastos directos da devolución dos bens.
Finalmente informamos a vostede que, en virtude do establecido no art. 103 da mencionada norma, non se admitirá o exercicio do Dereito de renuncia nos seguintes supostos:
- A subministración de bens confeccionados conforme ás especificacións do consumidor e usuario ou claramente personalizados.
- A subministración de contido dixital que non se preste nun soporte material.
- Os produtos precintados, coma vídeos ou programas informáticos, que fosen desprecintados polo Cliente despois da entrega. Isto afectará ben cando sexan os produtos obxecto da compravenda ben cando acompañen a estes, coma no caso de promoción ou regalo.
Garantías
Os produtos dispoñen da garantía de dous anos fronte ás faltas de conformidade, segundo o previsto na dita Lei Xeral para a defensa dos Consumidores e Usuarios. Na súa virtude, o Consumidor ten dereito a reclamar a Afundación calquera falta de conformidade que exista no momento da entrega dos produtos adquiridos e as condicións establecidas.
Versión
Estas Condicións de Contratación son de data 01/11/2016 e calquera modificación dos seus termos será publicada na páxina web.