Mostra este catálogo a linguaxe pictórica dunha xeración de artistas novos que rompeu definitivamente coa pintura convencional e que buscou —ao igual que os poetas— unha arte nova con todos os seus diferentes rexistros. A complicidade e a sintonía entre artistas plásticos e poetas foi enorme. Por iso, a denominación de xeración do 27 utilízase aquí nun sentido moito máis amplo e integrador do habitual. Inclúe non só o coñecido grupo de poetas coetáneos, tamén a pintores, editores, dramaturgos, músicos e intelectuais. Estas obras falan do entusiasmo e inquietudes compartidas, das relacións entre as artes e os artistas, de pintores e pintoras que ilustraron libros de poemas, deseñaron viñetas para revistas literarias e crearon escenografías de teatro, con elementos dos diferentes ismos europeos, pero dun xeito moi seu e diferencial, desenvolvendo unha linguaxe propia na que predominaron os elementos líricos e vitalistas sobre os intelectuais.
146 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e en color, 27 x 21 cm