Jenaro Pérez Villaamil é para Galicia un artista clave que inicia e representa o rexurdimento na pintura. Encarna a mentalidade romántica no sentimento da natureza, o entusiasmo por un Medievo idealizado, o gusto polos monumentos, as ruínas e a vida do pobo; encárnaa tamén na ruptura de normas e a valoración da liberdade, reflectidos na súa fugaz actividade militar e política. As viaxes constituíron un aspecto case rutineiro da súa inqueda e curta vida que se reflicte na súa dilatada produción. Ademais de magnífico pintor ao óleo, acuarelista e debuxante, foi un delicado litógrafo. Recompilou as súas estampas en dúas obras: España artística e monumental, en tres tomos (imprimida en París), e un volume de cartas que un mozo francés, Émil Guimet, de viaxe por España, enviou á súa nai, L'Espagne. Lettres familières...
142 páxinas, ilustracións, fotografías a unha tinta e en cor, 30 x 21 cm