O Café Moderno Afundación constitúe un emblema intelectual e artístico en Pontevedra, pois nos seus faladoiros participaron algúns dos personaxes fundamentais da cultura contemporánea do país. Castelao, Bóveda ou Laxeiro tiveron unha estreita vinculación coa cidade e tamén con este local. Os lenzos que Carlos Sobrino pintou expresamente para este café cumpriron en 2014 o seu centenario e por este motivo no Moderno tivo lugar unha mostra da que este ano 2015 se realiza unha continuación e este catálogo. Protagonizan esta segunda edición os creadores nacidos nos cincuenta: Olga Martínez, Miguel Pereira, Carmen Domínguez, Antón Sobral, Celso Varela, José Freixanes, Xavier Magalhães, Dores Gálvez, Teresa Brutcher, Rosa Úbeda, Lola Solla e Manuel Dimas.
Textos: Ramón Rozas.
45 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 24 x 22 cm