Catálogo publicado con motivo da retrospectiva dedicada ao artista canario, fundador de LADAC (Los Arqueros del Arte) e do emblemático grupo madrileño El Paso, na cidade da Coruña en 2006. A selección de obras, procedente dunha trintena de coleccións de todo o mundo e representativa de todas as etapas do pintor, foi realizada pola súa familia. Moitas destas obras apenas foran mostradas en público ata a data.
Na produción de Manolo Millares distínguense dúas grandes épocas: a primeira abarca dende o comezo do seu traballo ata 1955 e a segunda, iníciase ese ano e conclúe coa súa morte en 1972. As obras máis importantes da primeira etapa son as pictografías canarias, resultado do seu interese polo surrealismo, a arqueoloxía, as raíces profundas das culturas desaparecidas e polo pasado guanche dos habitantes do arquipélago. O cambio fundamental prodúcese en torno á utilización da arpilleira, característica da segunda época como elemento clave da composición. Trátase dunha evocación das teas coas que se envolvían as momias guanches, descubertas polo pintor no Museo Canario.
O artista realizou tamén debuxos, escenografías, deseño de alfombras, cerámica, gravados e libros ilustrados.
Encadernación en tapa dura, 439 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 28 x 25 cm, libro + CD