Na actualidade estímase que o 1,5 % da poboación mundial pertence a unha comunidade itinerante. Un modo de vida en franco retroceso e que enfronta graves perigos ante o avance da sociedade industrial. De xeito paradoxal, na devandita sociedade convídasenos a soñar unha idea de liberdade e de comuñón coa natureza representada no nomadismo.
O catálogo da mostra de Manuel Valcárcel comprende unha ampla reportaxe fotográfica a cinco pobos móbiles do planeta, un por continente: nómades tibetanos, tuaregs alxerinos, xitanos romaneses, uros do lago Titicaca en Perú e nómades de Papúa Nova Guinea. As imaxes, tomadas na convivencia cotiá con estes pobos, compleméntanse con extractos dos seus diarios ao longo dun ano no que o propio fotógrafo converteuse en nómade.
Encadernación en tapa dura, 208 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 26 x 26 cm