A mediados dos noventa prodúcense en Galicia algúns feitos significativos no ámbito da arte que propician un cambio. É o momento en que xorden institucións como o Centro Galego de Arte Contemporánea e se conforma a primeira promoción da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, o que proporciona as infraestruturas para a formación e a exhibición.
«Os anos circulares» é a mostra que pecha o proxecto «Afluentes», cuxo obxectivo consiste en revisar unha renovación de linguaxes na arte galega figurativa dende finais dos sesenta, formando unha triloxía con «A figuración na arte galega dende os anos setenta» e «Debuxando un mapa».
Edita:
Concello de Ferrol, Fundación Novacaixagalicia, Dardo
Características físicas:
Encadernación en tapa dura, 228 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 22 x 16 cm
Ano Edición:
2013
Idioma publicación:
Castellano,
Galego
ISBN:
978-84-92772-42-1