Nos anos oitenta a sensación de que quedaba moito por facer impregnaba todos os ámbitos da sociedade española e, polo tanto, tamén o ámbito da arte. Eran anos de cambios políticos, coa ansia da cidadanía de superar un tempo gris, tradicionalista e opresor. Neste contexto irrompe en 1980 o colectivo plástico chamado Atlántica.
«Debuxando un mapa» é unha mostra do proxecto «Afluentes», cuxo obxectivo consiste en revisar unha renovación de linguaxes na arte galega figurativa dende finais dos sesenta, formando unha triloxía con «A figuración na arte galega dende os anos setenta» e «Os anos circulares».
Edita:
Concello de Ferrol, Novacaixagalicia, Dardo
Características físicas:
Encadernación en cartoné, 200 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 22 x 16 cm
Ano Edición:
2013
Idioma publicación:
Castellano,
Galego
ISBN:
978-84-92772-40-7