Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Vieira da Silva & Arpad Szenes: Trayectorias paralelas

Vieira da Silva & Arpad Szenes: Trayectorias paralelas

TORAL, María
15,00 €

Inseparables na vida e na pintura Arpad Szenes e María Helena Vieira da Silva coñecéronse en París en 1928 e casaron en 1930, permanecendo xuntos máis de medio século, ata a morte de Arpad en 1985. As vicisitudes dun século caracterizado polos enfrontamentos bélicos leváronos a deixar París en 1939 por Brasil, onde viviron ata 1947, regresando posteriormente á capital francesa e adquirindo esta nacionalidade en 1956.
As súas respectivas obras, aínda que moi diferentes, son indisociables, pois acusan influencias comúns como resultado dunha convivencia enriquecedora. Vieira resistiu a sedución dos ismos para lograr unha obra moi persoal que a sitúa á marxe de todas as correntes contemporáneas. A pintura de Arpad alcanza niveis de dramatismo e tensión a través dunha coidada estruturación xeométrica, unha explosión expresionista. Os recoñecementos ao longo das súas vidas foron múltiples, incluíndo grandes exposicións en diferentes países.
Os fondos expostos nesta mostra, realizada por primeira vez en España, pertencen á colección da fundación que leva o seu nome, creada en 1990 para promover, estudar e difundir a obra de ambos os dous creadores.

Edita: 
Fundação Arpad Szenes - Vieira da Silva, Novacaixagalicia, 2012
Características físicas: 

72 páxinas, fotografías en branco e negro e cor, 28 x 22 cm

Ano Edición: 
2012
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
978-84-96982-56-7