Membro fundador do grupo El Paso, Martín Chirino representou como escultor a vangarda máis destacada da segunda metade do século XX. A súa vocación cosmopolita levouno a realizar numerosas viaxes e buscas plásticas temperás nalgúns dos centros artísticos mundiais: Estados Unidos, Italia, Londres ou París, onde descubriu en 1952 a Julio González, cuxa obra o habería de influenciar profundamente. É quizais a plasmación dalgúns elementos simbólicos da iconografía indíxena canaria e a valoración do oficio de escultor na súa dimensión humana e tradicional o que diferencia a Chirino doutros artistas que explotaron as posibilidades plásticas do ferro e a forxa. Neste catálogo realízase unha coidada selección de pezas significativas das súas diferentes etapas.
Linguas: inglés e castelán
Encadernación en tapa dura, 142 páxinas, ilustracións en color e branco e negro, 30 x 24 cm