Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol: De fábrica ilustrada a referente sociocultural

Sede da Fundación Caixa Galicia en Ferrol: De fábrica ilustrada a referente sociocultural

RODRÍGUEZ-VILLASANTE PRIETO, Juan Antonio
32,00 €

O edificio da nosa sede en Ferrol é un claro expoñente da arquitectura pública civil da cidade ilustrada. Conta, ademais, cunha ubicación idónea para os seus usos culturais na actualidade, pois é un inmoble exento sito na praza da Constitución, entre o barrio da Madalena e o recinto militar do arsenal, ao comezo da Alameda de Suances. Este libro dá conta do proceso de rehabilitación e restauración do que foi cárcere-consistorio e Goberno Militar da cidade no apartado «O edificio rehabilitado». En canto á parte titulada «O edificio na historia», comprende textos de Alfredo Vigo Trasancos, Carmen Porta Losada, Juan Antonio Rodríguez-Villasante Prieto e Guillermo Llorca Freire. Todos os textos están traducidos ao castelán e ao inglés.

Edita: 
Fundación Caixa Galicia, 2006
Características físicas: 

Encadernación en rústica con sobrecuberta, 312 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 30 x 25 cm

Ano Edición: 
2006
Idioma publicación: 
Castellano, Galego, Inglés
ISBN: 
84-96494-51-9