Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Sede de la Fundación Caixa Galicia en A Coruña

Sede de la Fundación Caixa Galicia en A Coruña

VV. AA.
40,00 €
25,00 €

A nova sede da Coruña é un claro expoñente da arquitectura de comezos do século XXI. Situada entre o Cantón Grande ou de Porlier, ensanche e centro dinamizador da cidade, e a rúa da Estrela, antiga rúa de orixe medieval, é unha obra que completa a fronte de edificacións do Cantón e une o tecido histórico urbano.
O arquitecto británico Nicholas Grimshaw deseñou un edificio aberto e cheo de luz, integrando fachada e cuberta nunha mesma entidade e resolvendo cunha lámina curva a envolvente, que se adapta ás cotas de edificación. O seu remate semella a crista dunha onda mariña penetrándo nos Cantóns.
Esta publicación describe os condicionantes da parcela e da conta da intervención arqueolóxica, mostra os proxectos iniciais, os elementos crave da construción e da enxeñaría e realiza un percorrido en imaxes polo edificio; achega un completo perfil do arquitecto, con referencias a obras afíns á sede coruñesa da fundación, e finalmente contextualiza a importancia do Cantón na configuración urbana.

Edita: 
Textos: Miguel Toba Blanco, Santiago Vázquez Collazo Fotografías: Juan Rodríguez Fundación Caixa Galicia, 2007 
Características físicas: 

Encadernación en tea con sobrecuberta, 324 páxinas, ilustracións, fotografías en cor e branco e negro, planos e debuxos, 25 x 25 cm

Ano Edición: 
2007
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
978-84-96494-97-8