Catálogo da mostra do abanico español que constitúe a colección do marqués de Colomina. Recolle unha selección de oitenta e dúas pezas, case todas datadas entre 1840 e 1875, período de actividade do marqués, incluíndo algunhas realizadas por outros fabricantes diferentes a este artesán de Valencia. A calidade dos materiais utilizados e das pinturas manuais, así como as técnicas empregadas mostran a mestría dos seus abanicos e por extensión o nivel alcanzado por esta industria en España desde o século XIX.
Contén: Abanicos del siglo XIX / Hélène Alexander. El monumento funerario al marqués de Colomina. Memorial de la obra de un industrial que supo prestigiar el nombre de Valencia / Miguel Ángel Catalá Gorgues. El abanico español. La colección del marqués de Colomina / Carmen Rodrigo Zarzosa. Catálogo de abanicos. Apéndices. Traducións ao galego e ao valenciano.
Linguas: castelán, galego, valenciano
304 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 28 x 23 cm