O autor, que foi o primeiro decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela e primeiro director xeral de Universidades da Xunta de Galicia, realiza unha crónica das súas experiencias na docencia e na política universitaria galega. Espírito crítico, humor e ironía encóntranse moi presentes no ameno e persoal relato desta intrahistoria dunha época de importantes cambios políticos na nosa sociedade.
Edita:
Fundación Caixa Galicia, 2010
Características físicas:
224 páxinas, 20 x 15 cm
Ano Edición:
2010
Idioma publicación:
Castellano
ISBN:
978-84-96982-45-1