Salgado retratou ao longo de seis anos a emigrantes en máis de 35 países documentando os seus desprazamentos, latinoamericanos entrando nos Estados Unidos, xudeus abandonando a antiga Unión Soviética, kosovares fuxindo a Albania, refuxiados hutus de Ruanda, así como os primeiros refuxiados por mar, árabes e subsaharianos intentando cruzar o Mediterráneo para alcanzar Europa.
Coa súa particular mirada polo detalle e o movemento, pon énfasis na escala abafadora do fenómeno migratorio, pero achégase tamén ás pequenas historias persoais que esconden as grandes cifras.
Éxodos non só nos permite comprender mellor, senón que apela á nosa responsabilidade e compromiso.
Encadernación en tea con sobrecuberta, 432 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro, 33 x 25,5 cm