Magnífico compendio das mellores edificacións racionalistas da arquitectura viguesa, como recoñecemento a un estilo e uns arquitectos que pugnaron desde 1932 ata mediados dos corenta coas correntes rexionalistas como conceptos diverxentes da función, misión e sentido da arquitectura. Cada unha das obras enmárcase nun contexto crítico-descritivo, así como de planos de situación, planos redebuxados do inmoble e documentación gráfica histórica.
Edita:
Concello de Vigo, Fundación Caixa Galicia, 2007
Características físicas:
238 páxinas, ilustracións, planos, fotografías en branco e negro e cor, 24 x 21 cm
Idioma publicación:
Castellano,
Inglés
ISBN:
978-84-87637-98-8