Catálogo da exposición sobre Isidoro Brocos realizada en Compostela. Formado na Real Sociedade Económica de Amigos do País en Santiago e na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, viaxou a Roma e París antes de regresar á súa terra, exercendo nas escolas de Artes e Oficios de Santiago e A Coruña, onde foi profesor do mozo Picasso. O catálogo reúne unha importante selección de acuarelas, debuxos, apuntes a lapis, talla escultórica en madeira e bocetos en barro cocido que deixa constancia da súa visión globalizadora do oficio de artista.
Contén: El arte como oficio / María Cabrera. La escultura religiosa de Isidoro Brocos / José Manuel B. López Vázquez. Isidoro Brocos y Santiago / José Sousa y Fernando Pereira. Obras.
64 páxinas, ilustracións en cor, 30 x 21 cm