Labra compartía con Giedion e Max Bill que o artista debe chegar á creación de símbolos capaces de determinar unha nova percepción do universo, na que a xeometría se debía corresponder co pensamento matemático para mostrar unha orde. Así mesmo, a percepción do non visible desde o ámbito do inconsciente debía, na súa opinión, aliarse á procura dunha vontade persoal que supuxese unha toma de posición na vida e na arte.
O coñecemento das regras do espazo, do tempo, da luz, da función da cor como elemento intemporal do que extraer principios autónomos de carácter sensorial e sensitivo, dialolgantes visualmente, baixo a ordenada irracionalidade, configuraron os procesos investigadores de Labra ao longo do seu devir vital expresándoos no conxunto da súa obra.
Textos: M.ª Rosa Gómez de Sanz, Pilar Corredoira.
64 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 30 x 21 cm