Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Bajo el signo de Picasso: Vanguardias e influencias: Colección de Arte ABANCA

Bajo el signo de Picasso: Vanguardias e influencias: Colección de Arte ABANCA

ABANCA
15,00 €

Repaso esencial por todas as obras que conformaron a mostra «Baixo o signo de Picasso», unha exposición que xuntou 39 das obras de arte máis relevantes da Colección de Arte ABANCA. Picasso convértese en articulador desta mostra, cuxa primeira parte versa sobre o cubismo, con artistas da talla de Juan Gris, Georges Braque, Fernand Léger, Jean Metzinger e María Blanchard. A escultura tamén está presente na exposición cunha obra mestra de Julio González, Tête dite Le Tunnel ( ca. 1932-1933), pertencente ao período creativo máis importante do autor e exemplo da súa relación e traballo conxunto con Pablo Picasso. Como contraposición, e como reflexo no tempo, ao final do percorrido figura unha peza do escultor valenciano Miquel Navarro titulada Cuña y nariz (2004), exemplo da continuidade da arte de vangarda na arte actual.
O segundo bloque expositivo integra a artistas que participaron nas primeiras vangardas, como o italiano Giorgio de Chirico, Max Ernst, Marc Chagall, Salvador Dalí ou Vasili Kandinsky. Xunto a eles sitúanse Wilfredo Lam e Matta, quen ampliou a linguaxe de vangarda desde a súa óptica particular, como tamén fixeron os dous artistas galegos máis internacionais, Maruja Mallo e Luís Seoane, quen desempeñaron un papel relevante como difusores da vangarda no contexto americano. Como peche da exposición seleccionáronse dúas obras que comparten unha idea de narratividade na pintura que ten a súa orixe na arte do período de entreguerras.
Textos: Diego Cascón Castro, Alba Carretero Incio.
Mostra do catálogo.

Edita: 
ABANCA Obra Social
Características físicas: 

Encadernación en tapa dura, 72 páxinas, ilustracións en cor, 27 x 21 cm

Idioma publicación: 
Castellano, Galego, Inglés
ISBN: 
978-84-617-4290-5