No ano 2015 o Museo Thyssen abría as súas portas á Colección de Arte ABANCA para a realización dunha exposición colaborativa. O protagonismo absoluto desta mostra recaía en Pablo Picasso, un dos grandes xenios da arte do século XX, e xunto a el podemos atopar outros sete mestres enmarcados no ámbito de influencia do cubismo e poscubismo. As 12 obras seleccionadas de Pablo Picasso, Juan Gris, Georges Braque, Julio González, María Blanchard, Manuel Ángeles Ortiz, Jean Metzinger e Fernand Léger reflicten o que foi este movemento de vangarda internacional e permiten realizar un percorrido por un dos acontecementos pictóricos máis relevantes do século pasado.
Textos: Juan Ángel López-Manzanares, Diego Cascón Castro, Alba Carretero Incio.
Mostra do catálogo.
Rústica, 112 páxinas, ilustracións en cor, 27 x 21 cm