Este traballo, publicado pola UIE (Universidad Intercontinental de la Empresa) e APD (Asociación para el Progreso de la Dirección) Noroeste, aborda a xestión do talento, un dos grandes retos que deben afrontar as empresas, xa que o coñecemento e as habilidades dos equipos humanos poden marcar a diferenza entre o éxito e o fracaso nun proxecto empresarial.
Os diferentes enfoques deste traballo foron deseñados por un comité científico cunha ampla experiencia profesional e académica en áreas tanto da xestión como da investigación e en disciplinas como a economía, a tecnoloxía, a xestión empresarial e de persoas, a innovación, a educación, a psicoloxía social, a cooperación internacional e o terceiro sector.
126 páxinas, ilustracións, gráficos e táboas, 25 x 19 cm