Catálogo da exposición que tivo lugar en Vigo, no Centro Social Caixanova, de outubro a novembro de 2006.
Comprende obra de 6 artistas nados na segunda metade do pasado século, que experimentaron tendencias innovadoras achegándose ou mergullándose completamente na abstracción ou no informalismo, absorvendo ao seu xeito prácticas xa consagradas que xurdiron e triunfaron na outra marxe do Atlántico, desde pop art a action painting minimalismo ou expresionismo abstracto.
Os artistas seleccionados son: Mingos Teixeira, Antonio Abad, Rafael Calvo, Camilo Camaño, Andrés Conde e Victoria Fernández-Novoa.
Edita:
Fundación Caixanova
Características físicas:
48 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 22 x 24 cm
Idioma publicación:
Galego
ISBN: