Os sesenta foron anos axitados, de improvisacións, de transición: a primavera de Praga, o maio de París, a guerra de Vietnam... A elección de 1968 como ano de partida para a selección de artistas neste catálogo non é arbitraria. No ámbito da arte internacional prodúcese un salto cara ao multidireccional, cara ao desenvolvemento simultáneo da arte povera, o Land Art, o neoexpresionismo, o Body Art ou a arte conceptual. É dicir, prodúcese unha ausencia de límites que anos máis tarde irá influíndo en Galicia nalgúns artistas que propiciarán unha actitude diferente á hora de aprehender a arte.
«A figuración na arte galega dende os anos setenta» é a mostra que inicia o proxecto «Afluentes», cuxo obxectivo consiste en revisar unha renovación de linguaxes na arte galega figurativa dende finais dos sesenta, formando unha triloxía con «Debuxando un mapa» e «Os anos circulares».
Encadernación en tapa dura, 240 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 22 x 16 cm