Catálogo da exposición de debuxos e estampas do artista francés que ofrece unha visión de conxunto do seu traballo neste campo, dende os debuxos automáticos dos anos vinte ata as composicións abstractas de mediados dos cincuenta, sen esquecer os realizados durante a súa residencia en España, os relacionados coa situación bélica e a causa republicana. A produción artística de Masson, como a de Goya, constitúe unha profunda reflexión sobre a violencia e o erotismo, a destrución e a morte, a metamorfose e a hibridación, o grotesco e o patético. De aí o título da mostra, unha referencia á famosa sentenza goyesca O soño da razón produce monstros.
Edita:
Calcografía Nacional de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Fundación Caixa Galicia, 2007
Características físicas:
Encadernación en cartoné, 174 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 26 x 23 cm
Ano Edición:
2007
Idioma publicación:
Castellano,
Galego
ISBN:
978-84-96494-93-0