Reedición dunha obra de singular importancia polo anovador enfoque desde a arquitectura da «arquitectura sen arquitectos», ata entón materia de estudo da etnografía. Se na primeira edición se trataba de reivindicar o seu protagonismo cultural abordando unha primeira catalogación das distintas tipoloxías, nesta engádese unha persoal reflexión do autor sobre o seu potencial de rehabilitación e como base de apoio para un traballo creativo. Complementan este estudo o tratamento gráfico de Alfonso Salgado e fotografía de Juan Rodríguez.
Edita:
Edicións Xerais de Galicia, Fundación Caixa Galicia, 2006
Características físicas:
234 páxinas, ilustracións, planos, debuxos, fotografías en branco e negro, 27 x 24 cm
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
84-96494-69-1