Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Arturo Souto, 1937 – 1964: Óleos y dibujos

Arturo Souto, 1937 – 1964: Óleos y dibujos

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
6,00 €

Souto mostrou desde os comezos da súa carreira gran preocupación polos temas sociais. Desde a denuncia e a sátira plasmou na súa obra situacións da vida laboral galega, escenas de porto, feiras de gando, costumes e tradicións, co propósito de dignificar a un pobo sometido. A corrente estética do realismo social figura tamén nas obras que reflicten o ámbito marxinal do cabaré parisiense. Foi un dos máis prolíficos debuxantes a favor da causa republicana durante a guerra civil española. O seu posterior exilio na Habana, Nova York e significativamente en México púxoo en contacto cun novo mundo de sensualidade, color e tradición pictórica indixenista.
Este catálogo recolle unha mostra de pinturas e debuxos realizados desde 1937 ata o seu falecemento e inclúe documentación procedente do arquivo do seu fillo Arturo Souto Alabarce.
 

Edita: 
Textos: Arturo Souto Alabarce, Rafael Dieste, José Moreno Villa, Luís Seoane, Arturo Souto Feijoo, Miguel Prieto, Jorge Crespo de la Serna Documentación: Juan Pérez de Ayala Fundación Caixa
Características físicas: 

83 páxinas, ilustracións, fotografías en blanco e negro e color, 30 x 21 cm

Ano Edición: 
1996
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: