Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Beneficios y costes sociales en la conservación de la Red Natura 2000

Beneficios y costes sociales en la conservación de la Red Natura 2000

PRADA BLANCO, Albino
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, María Xosé
SOLIÑO MILLÁN, Mario
25,00 €

(Descargar documento)
Comentario:Esta monografía supón unha nova achega no campo da economía ambiental. Galicia está a asistir na actualidade a un cambio na valoración dos seus recursos naturais e, máis concretamente, dos espazos rurais nos que se van configurando como valores, non só a produtividade agraria ou forestal, senón tamén os factores ambientais e os culturais.Neste traballo téntase ofrecer, cunha metodoloxía esixente e actual, unha visión inicial sobre o nivel de influencia que estas novas valoracións do medio rural poden ter na actualidade sobre a poboación galega.España asumiu un claro protagonismo na implantación da Rede Natura, sendo o país da Unión Europea que maior porcentaxe de superficie achega, case unha cuarta parte do territorio nacional. Aínda que a participación de Galicia sitúase por baixo da media estatal, a iniciativa na nosa comunidade abarca 65 espazos que representan preto de 370.000 hectáreas.

Edita: 
Centro de Investigación Económica e Financeira (CIEF), Fundación Caixa Galicia, 2005
Características físicas: 

266 páxinas, ilustracións, gráficos, mapas, 26 x 20 cm

Ano Edición: 
2005
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
84-96494-18-7