Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Broto: El tiempo y el lugar

Broto: El tiempo y el lugar

AYUNTAMIENTO DE ZARAGOZA
AYUNTAMIENTO DE SEVILLA
FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
18,00 €

José Manuel Broto foi fundador con outros artistas e xornalistas do grupo Trama a mediados dos setenta; este grupo decantábase pola abstracción fronte ao conceptualismo e a pintura figurativa. A importancia concedida ao baleiro e a creación de atmosferas son dúas características presentes en todo o seu traballo. Un dos obxectivos que preside a súa obra é que sexa observada desde o punto de vista estritamente pictórico, eliminando calquera elemento que teña que ver con algún asunto ou contido.
Nos últimos anos traballa con diferentes programas de computador creando imaxes dixitais que posteriormente traslada ao papel ou ao lenzo proporcionándolles a calidade e sensualidade pictóricas. Desde a pureza da abstracción conseguiu crear un espazo ilusorio, case escénico. O lirismo e a cor, madurados polo tempo, persisten nas novas revelacións nas que se centra este catálogo.
 

Edita: 
Textos: Gloria Collado, Mercedes Rozas, José Manuel Broto Ayuntamiento de Zaragoza, Ayuntamiento de Sevilla, Fundación Caixa Galicia, 2006
Características físicas: 

Encadernación en cartoné, 102 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 29 x 25 cm

Ano Edición: 
2006
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
84-88699-48-4