Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Cándido Fernández Mazas: Vanguardia, militancia y olvido: 1902-1942

Cándido Fernández Mazas: Vanguardia, militancia y olvido: 1902-1942

BOUZAS, José Manuel
30,00 €
15,00 €

O intelectual ourensano Cándido Fernández Mazas, escritor, gravador, debuxante e pintor, está considerado como un dos grandes debuxantes españois da primeira metade do século xx. Foi membro da vangarda parisiense e amigo de boa parte da máis brillante intelectualidade do seu tempo, participando activamente en manifestos, faladoiros e publicacións diversas, como as revistas Nós, Alfar ou La Zarpa, entre outras. Ao igual que moitos intelectuais e artistas foi inxustamente esquecido, debido ao terrible corte que supuxo a guerra civil e ao seu temperán falecemento nos primeiros anos da posguerra. Este catálogo, realizado con motivo da exposición exhibida no Círculo de Belas Artes de Madrid en 2002, centenario do seu nacemento, presenta a colección máis completa de Fernández Mazas que se puidese reunir, ademais de gran cantidade de datos biográficos e testemuños.

Sumario: 
Edita: 
Textos: Julio López Cid, José Antonio Durán, Arturo Casas, Javier Navarro de Zuvillaga, Raquel Pelta, Miguel Ángel Ramos, José Manuel Bouzas Documentación: Isolina Luis Círculo de Bellas Arte
Características físicas: 

Encadernación en tapa dura, 344 páxinas, ilustracións, fotografías en color, 27 x 22 cm

Ano Edición: 
2002
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
84-95491-43-5