Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Canogar, gravador

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
36,00 €
10,00 €

Membro fundador do grupo El Paso e un dos seus integrantes máis activos, xunto con Antonio Saura, Manolo Millares e Luis Feito, Rafael Canogar forma parte desa nómina de creadores inmersos nunha busca permanente como actitude creativa. A súa obra gráfica é un fiel reflexo das distintas etapas que afectan á súa obra pictórica, dende o informalismo, o realismo social e a influencia do pop americano dos setenta, ata as diferentes linguaxes abstractas e figurativas. Nela percíbese a súa mirada crítica e existencial cara ao ser humano, a análise e o desenvolvemento de novas técnicas e estilos —como o interese cara ao novo gravado (abstracto)— ou os diferentes debates estéticos internos xurdidos ao longo de toda a súa carreira.
 
 

Edita: 
Textos: Xavier Seoane e José Marín-Medina Traducións: Boquela Traductores Fundación Caixa Galicia, 2005
Características físicas: 

135 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 28 x 21 cm

Ano Edición: 
2005
Idioma publicación: 
Galego
ISBN: 
84-95491-80-X