Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Cinco séculos de exploración: Fondos cartográficos da Hispanic Society of America

Cinco séculos de exploración: Fondos cartográficos da Hispanic Society of America

HISPANIC SOCIETY OF AMERICA
FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
18,00 €
5,00 €

Comprende este catálogo a descrición dunha selección de mapas, atlas e cartas de navegación de entre os séculos XV e XVIII, en pergameo e en papel, procedentes do fondo cartográfico da Hispanic Society of America (Nova York). Este fondo constitúe unha das mellores coleccións do mundo no seu xénero e é moi escasamente coñecido polas propias características das pezas, ao tratarse de documentos únicos.
Os mapas aquí descritos son produto dunha época na que poderosos países europeos emprenderon grandes exploracións marítimas e terrestres. Unha das consecuencias que supuxo este afán colonizador foi o avance de ciencias e técnicas como a xeografía e a cartografía. Ao valor histórico e á precisión técnica destes manuscritos súmase ademais o seu notable valor artístico, pois moitos deles están profusamente iluminados.

Edita: 
Textos: Sandra Sider, Mitchell Codding Hispanic Society of America, Fundación Caixa Galicia, 2005
Características físicas: 

140 páxinas, ilustracións, fotografías en color, 28 x 21 cm
 

Ano Edición: 
2005
Idioma publicación: 
Castellano, Galego, Inglés
ISBN: 
84-96494-32-2