O faro romano da torre de Hércules identifica desde a súa penedosa altura a cidade da Coruña, pola que Fernández del Riego realiza un percorrido intimista nas páxinas deste volume. Unha visión impresionista da cidade atlántica, de pedra, cristal e luz. Acompañan o relato notas históricas de Javier Mosquera e apuntamentos de Álex V. Palacios como complemento visual.
Cuarto volume dunha serie de seis títulos das mesmas características, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.
Edita:
Apuntes históricos: Javier Mosquera
Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios
Caixanova, 2001
Características físicas:
Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25 x 35 cm
Ano Edición:
2003
Idioma publicación:
Galego