Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Diego Rivera

Diego Rivera

VV. AA.
30,00 €
15,00 €

Coñecido fundamentalmente pola súa faceta muralista e indixenista, o mexicano Diego Rivera foi en realidade un artista moito máis plural e complexo que transitou por múltiples estilos na súa etapa de formación: academicismo, modernismo español, postimpresionismo, puntillismo ou cubismo. Este catálogo recolle unha mostra de 43 obras, entre óleos, acuarelas, gravados e debuxos, pertencentes aos fondos do Museo Dolores Olmedo de México D. F. É unha selección representativa do seu rico mundo plástico, desde a súa etapa de formación española ata as súas últimas pezas mexicanas, un patrimonio que a súa amiga e coleccionista Dolores Olmedo foi reunindo ao longo dos anos ata convertelo nun dos fondos de maior relevancia sobre este artista.
O libro comprende, ademais do catálogo de obra e de importante documentación gráfica e textual, unha interesante selección de escritos sobre o seu traballo de Frida Kahlo, André Breton, Élie Faure, Lázaro Cárdenas e Carlos Pellicer, entre outros.

Sumario: 
Edita: 
Laura Gómez Lorenzo, Alba Rodríguez Saavedra e Josefina García H. (eds.) Traducións: Boquela Tradutores (galego), Alison Hughes (inglés) Museo Dolores Olmedo (México) e Fundación Caixa Galicia, 2006
Características físicas: 

Encadernación en tapa dura, 338 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e color, 22 x 18 cm

Ano Edición: 
2006
Idioma publicación: 
Castellano
Galego
Inglés
ISBN: 
84-96494-58-6