Catálogo da exposición sobre Dionisio Fierros exhibida en Vigo. O pintor asturiano Fierros, formado en Madrid no taller dos Madrazo, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando e no Prado, como copista, pertence á xeración romántica de estilo naturalista, estilo que iría axustando e depurando a medida que avanzaba en experiencia e coñecemento artísticos e viaxaba a París e Italia. Realizou unha extraordinaria galería de retratos e de costumes, paisaxes e bodegóns e, en menor medida, por encargo ou competición oficial, cadros de temática histórica ou relixiosa. A súa sona como retratista convertiuno no pintor da nacente burguesía asturiana e galega, así como da aristocracia rexional.
Contén: Dionisio Fierros / José Manuel B. López Vázquez. El otro Fierros / Rosa M.ª García Quirós. Catálogo. Apéndice documental.
118 páxinas, ilustracións en branco e negro e cor, 28 x 21 cm