Tamen podes atoparnos nas redes sociais

El arte del grabado flamenco y holandés: De Lucas van Leyden a Martin de Vos: Estampas de la Biblioteca Nacional

El arte del grabado flamenco y holandés: De Lucas van Leyden a Martin de Vos: Estampas de la Biblioteca Nacional

HUIDOBRO, Concha
GONZÁLEZ NEGRO, Irene
18,50 €

Este catálogo mostra 120 obras, pertencentes á Biblioteca Nacional, de gravadores flamencos e holandeses nados antes de 1551. As estampas graváronse entre o primeiro decenio do século XVI —as primeiras obras de Van Leyden— e o primeiro do XVII —realizadas segundo debuxos da última época de Martin de Vos—. Este período foi moi conflitivo polas numerosas guerras e as controversias relixiosas, pero tamén coñeceu unha efervescencia de novas ideas e producíronse valiosos achados científicos, en parte impulsados polas exploracións xeográficas.
Neste contexto, xurdiu nos Países Baixos un estilo de gravado que, con algunhas variacións, tivo sinais característicos e diferenciais respecto doutras grandes escolas do século XVI. O devandito estilo alcanzou no XVII os seus máximos expoñentes, grazas a Rubens, Van Dyck e Rembrandt.

Edita: 
Coordinación: Biblioteca Nacional, Área de Comunicación e Museo del Libro, Elena Luxán, Araceli Sánchez Piñón; Depto. de Actividades Artísticas Fundación Caixa Galicia Textos: C
Características físicas: 

124 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro, 28 x 25 cm

Ano Edición: 
2001
Idioma publicación: 
Castellano
ISBN: 
84-88699-48-4