Segundo volume de biografías de empresarios galegos dos séculos XIX e XX que complementa o traballo de investigación realizado no volume editado en 2006. Nesta segunda obra figuran, entre outros, algúns dos persoeiros que desenvolveron o seu labor profesional lonxe de Galicia, sendo destacados membros das elites industriais e comerciais dos lugares onde traballaron. Coas recollidas neste volume son xa corenta e seis biografías publicadas no ámbito do empresariado galego, que consideramos parte da cultura do noso país.
Edita:
Centro de Investigación Financeira (CIEF), Fundación Caixa Galicia, 2009
Características físicas:
Encadernación en tapa dura, 608 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 26 x 21 cm
Ano Edición:
2009
Idioma publicación:
Galego
ISBN:
978-84-96982-37-6