A escola da Haia é o nome co que se coñece un famoso grupo de artistas holandeses de entre 1860 e 1885 que tiñan un estilo artístico similar. As súas pinturas, caracterizadas por pinceladas soltas e unha tenue gama cromática de grises e castaños, representan paisaxes típicas holandesas e as actividades cotiás de granxeiros e pescadores. Esta escola perdurou máis alá de 1885, influíndo modernistas como Vincent van Gogh e Piet Mondrian.
O catálogo mostra unha ampla selección de fondos pertencentes ao Rijksmuseum (Amsterdam). O primeiro ensaio deste está dedicado á escola da Haia e o segundo, ao pintor desta corrente Josef Israëls, quen coñeceu España a finais do XIX quedando fascinado pola cultura e a paisaxe, que se converteron en fonte de inspiración.
223 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 29 x 24 cm