En 1905 catro mozos estudantes de arquitectura que ansiaban dedicarse á pintura crearon o grupo Die Brücke (A Ponte), en clara referencia simbólica a Nietzsche, dando comezo ao expresionismo alemán. O grupo, que foi acollendo novos membros, disolveuse en 2013, pero o vigor do seu nacemento seguiu impulsando a obra individual dos seus participantes, que atravesaron dúas guerras mundiais. O nazismo considerou as súas obras «arte dexenerado» ordenando a súa destrución e prohibíndolles traballar.
Catálogo de exposición que comprende un conxunto de pezas pertencente a unha coleccionista privada, que as salvou da barbarie hitleriana. As obras estiveron medio século sen poder ser apreciadas polo público, ata ser novamente expostas en museos alemáns. Trátase de máis dun centenar de obras de Nolde, Kirchner, Heckel e Schmidt- Rottluff, pinturas debuxos, xilografías e gravados.
Textos: Pablo Jiménez, Carl Jürgen Tohmfor, Felipe Pereda, Marisa Oropesa.
134 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 29 x 24 cm