Os cambios na configuración do territorio galego foron mínimos ao longo dos séculos e producíronse de modo moi gradual, ata a chegada dunha revolución industrial moi tardía e moito menos acelerada que noutros lugares, pero que en calquera caso supuxo unha implantación progresiva da modernidade que modificou substancialmente este territorio. Con todo, perviven aínda moitos vestixios do pasado que comparten espazo coas transformacións que se están operando. Os textos e imaxes deste catálogo de fotografías aéreas de Galicia procuran achegar unha visión global da súa realidade plural, chea de significativos contraste, daquilo que permanece e daquilo que muda, da memoria histórica inscrita na paisaxe.
Fotografías: Xurxo Lobato
Texto: Miguel Anxo Seixas Seoane
127 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 20 x 30 cm