Catálogo do álbum que contén a serie de gravados e augatintas titulada «Os Caprichos», composta por 80 láminas con retoque a buril e punta seca. Comeza co autorretrato de Goya con sombreiro de copa; destacamos o número 43, co que o artista pretendía inicialmente comezar a serie, cuxa coñecida lenda di: «O soño da razón produce monstros». Traballou nela de 1793 a 1799, representando un mundo esperpéntico de alucinacións, angustia, humanidade animalizada e zooloxía fantástica que coexiste, desde o reino dos soños, co mundo da razón na vida de vixilia.
Un álbum da edición de 1868 foi adquirido por Caixavigo e agora forma parte da Colección de Arte Afundación.
Textos: Francisco Pablos e Arturo Ansón Navarro.
102 páxinas, ilustracións a unha tinta, 28 x 21 cm