Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Graciela Iturbide

FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
9,00 €
3,00 €

Catálogo da exposición de Graciela Iturbide, fotógrafa e realizadora cinematográfica mexicana, alumna nos seus comezos de Manuel Álvarez Bravo. Ben coñecida tanto nos EE. UU. como en Europa, Graciela Iturbide mostra as culturas da América Central abordando todo o que fotografa con xenerosidade e unha aparente simplicidade que desconcerta e atrapa a mirada.
Este catálogo comprende imaxes do Panamá dos anos setenta, en tempos de Omar Torrijos; imaxes de México, mulleres e nenos de Juchitán de Zaragoza (Oaxaca), do deserto de Coahuila, do deserto de Sonora, de Chiapas, do Distrito Federal…; e imaxes dos cholos de Los Ángeles nos anos oitenta. 
Textos: Carolina Martínez Gila, Christian Caujolle, Olivier Debroise, Raquel Tibol, Roberto Tejada, Elena Poniatowska.

Edita: 
Coordinación: Carolina Martínez Gila, Christian Caujolle e Rosario Sarmiento Fundación Caixa Galicia
Características físicas: 

164 páxinas, ilustracións,  fotografías en branco e negro, 28 x 21 cm

Ano Edición: 
1998
Idioma publicación: 
Castellano, Galego, Inglés
ISBN: 
84-89231-68-0