A obra chamada Liber Sancti Iacobi ou Códex Calixtinus, da que se fai responsable no texto ao papa Calixto II, é unha variada e erudita compilación do século XII en honra do Apóstolo. Está estruturada en cinco partes tratadas coma se fosen obras completamente distintas. O quinto libro é unha misceláena coñecida desde o século pasado como «Guía do Peregrino»; trátase dun descrición do itinerario do camiño de Santiago e da propia cidade, é dicir, constitúe a primeira guía do camiño e moi probablemente a primeira guía europea de viaxes. Cara ao 1140 o monxe francés Aymeric Picaud trouxo a obra a Compostela, estudos recentes indican que acompañado de Xirberga de Flandres, atribuíndose a ambos a autoría.
Esta edición, realizada con motivo do ano santo compostelán de 1993, consta de 1200 exemplares numerados.
Contén: Origen y significado del año santo compostelano / Jesús Precedo Lafuente. La guía del peregrino y el Códice de Salamanca / Manuel C. Díaz y Díaz. La ilustración del Códice Calixtino de Salamanca y su contenido histórico / Serafín Moralejo. La percepción de la ciudad a través de los autores del Códice Calixtino / Fernando López Alsina. Perfil de una época / Ángel Rodríguez González. Texto facsímil. Transcripción del texto / M.ª Araceli García Piñeiro y Pilar del Oro Trigo. Traducción del texto al castellano / A. Moralejo, C. Torres y J. Feo.
Encadernación en guaflex con estampación prateada, 145 + 30 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, debuxos, 34 x 25 cm