Catálogo das pezas favoritas do artista seleccionadas ao longo da súa carreira. Partindo da pintura como disciplina, Francesch realiza un enfoque gráfico no que fusiona organicamente elementos da arte urbana, o deseño, a banda deseñada, o audiovisual e a ilustración. Estas influencias danlle á súa obra un estilo moderno e fresco. As súas composicións tenden progresivamente a unha maior abstracción e estilización, con cores planas e liñas definidas, nun traballo artesanal.
Edición limitada de 200 exemplares asinados polo autor.
Edita:
fi/grupo:, Afundación, Obra Social ABANCA
Características físicas:
Encadernación en tapa dura, 94 páxnas, ilustracións, fotografías en cor e en blanco e negro, 24,5 x 21,5 cm
Ano Edición:
15
Idioma publicación:
Castellano,
Galego
ISBN:
978-84-96982-86-4