Historias vividas é un proxecto de Afundación, en alianza con Envita, que che apoiará e acompañará no proceso de elaboración do teu propio Libro de Vida de maneira sinxela e desde a túa propia casa.
O novo proxecto de Afundación ten como obxectivo apoiar as persoas maiores na experiencia de recompilar as súas historias de vida a través dunha plataforma online que posteriormente nos permitirá realizar de forma automática un precioso Libro de Vida para compartir con aquelas persoas que máis nos importan.
O programa Historias Vividas ten unha duración dun ano e un custo total de 120 € por persoa (IVE incluído).
Os socios/as dos Espazos +60 poderán inscribirse no programa por só 90€ por persoa (IVE incluído). Se che interesa, ponte en contacto co teu centro máis próximo.
Que teño que facer para inscribirme en Historias Vividas?
- Cumprimenta os datos do formulario
- Realiza o pago seguro coa túa tarxeta bancaria
- Nuns días recibirás un email do programa Historias Vividas no que atoparás:
- O código promocional personalizado para darte de alta na plataforma web ENVITA
- Ligazón á web de ENVITA
- Información sobre a primeira sesión do programa
- Accede á plataforma ENVITA co teu usuario e contrasinal
Esta edición do programa conta con prazas limitadas. Non quedes sen a túa!
Máis información na web de Historias Vividas
