Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Historias vividas é un proxecto de Afundación, en alianza con Envita, que che apoiará e acompañará no proceso de elaboración do teu propio Libro de Vida de maneira sinxela e desde a túa propia casa.

 

O novo proxecto de Afundación ten como obxectivo apoiar as persoas maiores na experiencia de recompilar as súas historias de vida a través dunha plataforma online que posteriormente nos permitirá realizar de forma automática un precioso Libro de Vida para compartir con aquelas persoas que máis nos importan.

 

O programa Historias Vividas ten unha duración dun ano e un custo total de 120 € por persoa (IVE incluído).

 

Os socios/as dos Espazos +60 poderán inscribirse no programa por só 90€ por persoa (IVE incluído). Se che interesa, ponte en contacto co teu centro máis próximo.

 

Que teño que facer para inscribirme en Historias Vividas?

 

  1. Cumprimenta os datos do formulario
  2. Realiza o pago seguro coa túa tarxeta bancaria
  3. Nuns días recibirás un email do programa Historias Vividas no que atoparás:
  • O código promocional personalizado para darte de alta na plataforma web ENVITA
  • Ligazón á web de ENVITA
  • Información sobre a primeira sesión do programa
  1. Accede á plataforma ENVITA co teu usuario e contrasinal

 

Esta edición do programa conta con prazas limitadas. Non quedes sen a túa! 

 

Máis información na web de Historias Vividas

 

Product variations: 
Datos
Datos da persoa protagonista do Libro de Vida / Datos de la persona protagonista del Libro de Vida
Data de nacemento *
E.g., 27/11/2021
Localidade

Responsable do Tratamento: Fundación Galicia Obra Social.

Finalidade do tratamento: Alta no programa “Historias vividas”.

Legitimación do tratamento: execución dun contrato.

Persoas destinatarias: Non se cederán datos salvo os necesarios para a prestación do servizo. A alta no programa precisa necesariamente tramitar unha alta na plataforma de Envita Digital Solutions S.L.

Dereitos: acceder, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, como se explica na Política de privacidade