
< Voltar Historias Vividas - TÉRMOS E CONDICIÓNS DE CONTRATACIÓN
1. Obxecto
Historias Vividas é un programa de acompañamento de Fundación Galicia Obra Social (Afundación, en adiante) para o acompañamento na confección e realización de libros de vida. Unha ferramenta que nos permite o autocoñecemento, axúdanos a reflexionar sobre o noso pasado, valorar a nosa traxectoria vital e mirar cara ao futuro con novos propósitos.
O desempeño do acompañamento realizarase online e presencialmente, durante o prazo dun (1) ano, tanto de forma individual como grupal, e será realizado por persoal de Afundación, quen axudará e guiará o proceso de confección e redacción do libro de vida.
Para a participación en Historias Vividas será preciso cursar a alta na plataforma web de Envita Digital Solutions S.L. Unha vez formalizado o proceso da alta e contratación do programa de acompañamento Historias Vividas, Afundación porá a disposición de cada participante un código promocional, que leva parello unha licenza de uso gratuíta dun (1) ano de duración.
2. Servizos incluídos
O pago e posterior alta no programa Historias Vividas, supón:
- Licencia de subscrición á plataforma online Envita durante un ano (necesario rexistro indicando código promocional)
- Formación inicial para o manexo da plataforma Envita.
- Asistencia técnica constante.
- Acompañamento online con persoal de referencia de Afundación (ferramentas de mensaxería instantánea, videoconferencias, etc.)
- Sesións individuais ou grupais de apoio durante todo o programa
- Descargas sen límite do teu libro de vida en formato PDF con marca de auga mentres dure a subscrición.
- Descarga da versión definitiva SEN marca de auga ao finalizar a subscrición anual (resultado final).
O custo de impresión do libro non está incluído no prezo do programa, o cal deberá ser asumido pola persoa usuaria. Dito custo dependerá do número de páxinas, fotografías, etc. nel incluídas, polo que deberá ser calculado unha vez o libro estea finalizado (Prezo orientativo: 89 € para libros de 100 páxinas a cor e con tapa dura).
3. Prezo e forma de pago
O prezo do programa de acompañamento é de CENTO VINTE EUROS (120€) por persoa (IVE incluído).
O pago terá que facerse a través dos medios establecidos e dispoñibles na web.
4. Dereito de desistimento
A persoa usuaria poderá desistir do contrato e anular a alta no programa Historias Vividas, sen ningún tipo de penalización, dentro dos 14 días naturais seguintes á formalización do pago e á confirmación deste. O dereito de desistimento non poderá levarse a cabo naqueles casos en que se tivese feito uso do código promocional e formalizase a alta na plataforma Envita.
5. Foro do contrato
Os presentes Termos e Condicións Xerais réxense pola lei española. A resolución de conflitos ou controversias será sometida aos Xulgados e Tribunais da Coruña, salvo nos casos en que o foro corresponda ao domicilio da persoa consumidora.