Tamen podes atoparnos nas redes sociais

Julio Prieto Nespereira, 1896 - 1991: Exposición antolóxica de gravados

Julio Prieto Nespereira, 1896 - 1991: Exposición antolóxica de gravados

DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CULTURAL
DEPUTACIÓN DE OURENSE
FUNDACIÓN PRIETO NESPEREIRA
12,00 €
6,00 €

Catálogo da exposición antolóxica de gravados de Julio Prieto Nespereira co gallo do centenario do seu nacemento.
Neste percorrido polo conxunto da súa obra podemos apreciar as alusións máxicas incorporadas ás humanamente narrativas. Desde as súas primerias obras, nas que predomina o vertical e horizontal, evoluciona cara a liñas máis crebadizas que posteriormente acaban triangulando para formar os seus espazos mariños e forestais, ornamentos e figuras, de forma que a querencia intimista dos primeiros anos perde en quietude para gañar en forza e profundidade, ata acadar o seu cénit coa serie de peixes rotos, que, segundo Ramón Faraldo, simbolizan o penoso e o fecundo da existencia.
Textos: José Manuel García Iglesias, Amabel Míguez de la Sierra

Edita: 
Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Comunicación Social
Características físicas: 

138 páxinas, ilustracións en cor, 26 x 21 cm

Idioma publicación: 
Galego
ISBN: 
84-453-2093-9